Un proxecto científico, tecnolóxico e radiofónico do alumnado de 3º e 4º de ESO,
arredor da eclipse solar total do 12 de agosto de 2026.
CPR Tirso de Molina · Ferrol · Polo Creativo
Seleccionados para a exposición en Santiago de Compostela
O noso proxecto foi seleccionado para ser presentado xunto con outros 19 centros educativos de Galicia nunha exposición de divulgación científica da Xunta de Galicia. Levaremos os tres produtos do proxecto: o experimento Arduino con sensores, a web interactiva, o programa de radio e o proxector estenoscopico para observación segura da eclipse.
Conta atrás ata o evento · 12 de agosto de 2026, 20:30 CEST
O alumnado de 3º e 4º de ESO convértese en científicos, programadores e comunicadores para documentar,
medir e divulgar a eclipse solar total do 12 de agosto de 2026 dende Ferrol.
Todo o traballo está realizado integramente polos estudantes, arredor de tres liñas complementarias.
A continuación pódense consultar e probar directamente os produtos creados en cada unha delas.
Unha estación de sensores (DHT22 e LDR) sobre Arduino UNO que rexistra a temperatura, a humidade e a intensidade luminosa antes, durante e despois da eclipse. Inclúe o vídeo do experimento real e a páxina que controla e visualiza os datos.
Vídeo do experimento Arduino funcionando: a estación de sensores medindo a luz e a temperatura, gravada polo propio alumnado.
Páxina que recolle e representa os datos da estación Arduino, mostrando como descenden a luz e a temperatura no instante da eclipse.
Dúas aplicacións programadas polo alumnado en HTML, CSS e JavaScript: unha páxina informativa sobre como observar a eclipse con seguridade e un videoxogo de aventura gráfica ambientado no fenómeno.
Datos astronómicos, riscos para a vista, normas de observación segura e unha conta atrás ata o momento da totalidade.
Videoxogo no que o usuario percorre a cidade para mercar o material necesario para observar a eclipse, xestionando o orzamento. Aprendizaxe a través do xogo.
Un programa de radio divulgativo producido, locutado e editado polo propio equipo, que se complementa coa difusión nas redes sociais do proxecto (@recreotecno_tirsomolinaferrol) para chegar a un público máis amplo.
Programa divulgativo: que é unha eclipse, onde se verá mellor, normas de observación segura e datos curiosos. Escóitao aquí mesmo.
Publicación do proxecto na conta do equipo @recreotecno_tirsomolinaferrol, para que o eclipse e o traballo do alumnado cheguen á comunidade educativa e ao público xeral.
Recurso didáctico deseñado e cortado con láser para permitir a observación segura da eclipse mediante 4 experimentos diferentes. Este produto será presentado en Santiago xunto cos nosos outros traballos.
Os nosos estudantes deseñaron unha tarxeta con 4 buratos piñeiro de tamaños diferentes (1 mm, 2 mm, 3 mm e unha matriz de 9 buratos) para estudar como a forma e tamaño do burato afecta á proyección da sombra da eclipse.
Método de uso: Volta as costas ao Sol, sostén a tarxeta sobre una folla branca no chan, e observa como a sombra dos buratos proxecta a forma do Sol eclipsado. Completamente seguro — nunca ollas directamente o Sol.
"A eclipse é a escusa. O método científico, a meta. O alumnado faise científico, programador e comunicador ao mesmo tempo." — Equipo do proxecto · Recreo Tecno
Síntese dos elementos requiridos pola convocatoria Retos STEM (Resolución do 8 de maio de 2026).
Equipamento e ferramentas do Polo Creativo do centro empregadas no desenvolvemento integral do proxecto.
Detrás de cada liña de traballo hai un grupo de estudantes de 3º e 4º de ESO que asumiron, de verdade, os papeis de científicos, programadores e comunicadores.
Equipo do proxecto · CPR Tirso de Molina (Ferrol)
Todo o necesario para reproducir as nosas experiencias está publicado en aberto por dúas vías complementarias: os materiais e recursos do proxecto na nosa carpeta de Boxabalar, e o código fonte das páxinas web no repositorio institucional de GitHub. Calquera centro pode consultalos, descargalos e adaptalos.
En Boxabalar (a plataforma de almacenamento da Xunta de Galicia) atópanse os materiais para replicar as experiencias: a documentación técnica do experimento Arduino (código, esquemas de conexión e protocolo de recollida de datos), os ficheiros de deseño do proxector estenoscopico para corte láser, a memoria do proxecto, os formularios de autorización de imaxes do alumnado e o documento do método de traballo paso a paso.
En GitHub está o código fonte completo (HTML, CSS e JavaScript) das catro páxinas web do proxecto —a de presentación, a app de información, o xogo interactivo e a de control do experimento—, listo para clonar ou descargar.
Os contidos publícanse baixo licenza CC BY-NC-SA 4.0, polo que poden ser reutilizados libremente con fins educativos non comerciais citando a orixe.
Proxecto presentado a
⊕ Licenza CC BY-NC-SA 4.0
Todos os contidos deste proxecto están publicados baixo licenza Creative Commons Recoñecemento – Non comercial – Compartir igual 4.0 Internacional,
segundo as pautas da convocatoria de Polos Eclipsados.